OSCAR PAEZ

Despois de estudiar INEF en A Coruña (2006), fórmase na escola de Zirko Oreka durante 3 anos, ata 2009. Realiza diferentes cursos de clown, acroportes, danza, malabar, acrobacia ... en diferentes lugares da península. Forma parte de diferentes compañías de Circo como “La Banda” e “Oreka Zirko” ( Pamplona), ademáis de actuar en diferentes festivais de teatro de rúa e galas de Circo. Nesa estancia en Pamplona traballa como profesor de Acrobacia e Malabar na Universidade Pública de Pamplona 2008-2010.

 

Pasa por mans de Ramón Marco, Walter Velázquez, Hernan Gené, Pascal ( Toulousse), etc. Despois marcha para Arxentina (marzo 2010) para ampliar a formación e creación, e alí remata a creación da compañía Circo Chosco, cós seus 2 espectáculos, cós que volve para Galicia (xullo 2010).Volve a Arxentina en 2013 a ampliar a formación en portés, acrobacias, verticais e creación de espectáculos, pasando por docentes como, Martin Carella, Mariano Pujal, Marcelo Katz, e Julia Muzio entre outros.

 

Actualmente forma parte de compañías e espectáculos como Circo Chosco, Impreuna e Desperta de Pistacatro Productora, traballando na xestión de Circonove ( Asociacion de Novo Circo en Santiago de Copmpostela) .

                      

volver