JANO COSTAS

Fórmase académicamente en Animación Turística onde empeza a destacar coma “showmam” realizando distintos eventos: “Performances”, Animacións infantis, Pasarrúas....Contacta cas asociacións de Circo “Malandraxe” (Vigo) e a antiga “PistaCatro” para iniciarse no mundo dos malabares e o circo en xeral. Recibe clases dos mellores artistas circense do momento no panorama galego: Pablo Trasno, Manu Lago ou Antón Coucheiro. Decide entón estudiar na BONT´S INTERNACIONAL CLOWN SCHOOL (2007) e comezar unha viaxe sen retorno no mundo do Paiaso.

Participa das grandes produccións circenses galegas do momento: “O Circo dos Milagres” Asociación Circonove, “Kamikaze” Productora PistaCatro, Proxecto medioambiental “Climántica” Xunta de Galicia, Festival d´Gorra en Santiago de Compostela, “Nas Nubes” Almacabra Teatro... entre outras.

Cree en divulgar o Circo coma unha arte escénica moderna e viaxa a nivel nacional e internacional mantendo contacto con outros artistas e técnicas:

  • Encontro de Malabaristas de Bilbao (2008,2009,2010) Gran Gala de Circo, Cabaret Galego.

  • Encontro de Paiasos “Entrepaiasaos” de Zaragoza (2009,2010) Gala de Circo, Programación de Rúa.

  • Encontro de Circo de Alicante (2009) Premio “Doyet de Oro” en Circovisión.(2009)

  • Toulose en Piste” Festival de circo en Toulose. “Performance” en Pasarrúas. (2011)

  • Palestina´s Circus School. Talleres infantis de circo. (2011)

  • Encontro de Malabaristas en Noia “Retruke”. Talleres de Circo. Gala de Circo (2012)



Na actualidade é alumno becado na Escola de Circo “Circonove” onde recibe unha formación integra das distintas técnicas circenses: Acrobacias, malabares, aereos, clown, acroportor...

 

volver