ARIÑE AZKUE

Licenciada en Xeoloxía( 2005) ,estudia na escola de Circo Oreka en Pamplona durante 3 anos. Fórmase nas técnicas aéreas, danza, acrobacia e clown na península, en Italia e Arxentina. Traballa con profesores como Ramón Marco e Walter Velazquez, realizando técnicas de interpretación e creación e armado de números e rutinas. Actúa en diferentes festivales de teatro de rúa e diversas galas de circo como Festival de Manicomicos, Festa do Circo, Festival de Circo de Koblakari, Encontro do Retruke...; traballa con compañías como Oreka Zirko, Zirika Zirkus, Panpinpox. Duelirium e O pequeño Circo dos Milagres obra producida por PistaCatro. Profesora de Técnicas aéreas na Escola Navarra de circo Oreka. 

 

Actualmente unha das mellores aerealistas do estado español e sen dúbida de Galicia, membro e creadora da compañía Circo CHosco, traballando na xestión de CircoNove coa asociación de NovoCirco e Cabaré Galego PistaCinco, tamén traballando con entes da cultura galega como son PistaCatro Productora de Soños ou Culturactiva SCG e preparando novos proxectos coa asociación Pistacinco e novos espectáculos con artistas doutras compañías residentes en Santiago de Compostela. Fundadora tamén da Asociación Profesional de Circo Galega. Tamén dicir que xunto con Óscar Páez, atópase na elite dos acroportes en Galicia actualmente, sendo un dos mellores dúos do panorama galego nesta técnica.


volver